Rexión de Bruxelas-Capital
rexión belga / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale,[lower-alpha 1] neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest)[lower-alpha 2] é unha rexión de Bélxica que abrangue 19 concellos, entre os que se inclúe a propia cidade de Bruxelas, que é a capital do país.[1] A Rexión de Bruxelas-Capital atópase no centro do país e forma parte das dúas comunidades lingüísticas de Bélxica, a francesa[2] e a flamenga,[3] mais está separada de Flandres (na que forma un enclave) e de Valonia.[4][5][6]
Bruxelles (fr) Brussele (wa) Brussel (nl) Brussel (vls) Brussel (li) Brusselle (pcd) | |||||
Símbolo oficial | Flower of Brussels (en) (floral emblem (en) ) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Bruxelas | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Bélxica | ||||
Enclave en | Rexión Flamenga e Provincia do Brabante flamengo | ||||
Capital de | |||||
Capital | Bruxelas | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.218.255 (2020) (7.548,98 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 161,38 km² | ||||
Altitude | 13 m-23 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de xaneiro de 1989: causado por Lei especial do 12 de xaneiro de 1989 relativa ás institucións bruxelesas | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Goberno da Rexión de Bruxelas-Capital | ||||
• Ministro-presidente da Rexión | Rudi Vervoort (2013–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da Rexión de Bruxelas-Capital , (Escano: 89) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .brussels | ||||
Prefixo telefónico | 02 | ||||
ISO 3166-2 | BE-BRU | ||||
Código NUTS | BE1 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | be.brussels | ||||
A de Bruxelas é a rexión máis densamente poboada de Bélxica, e aínda que ten o maior PIB per capita,[7] tamén ten a menor renda dispoñible por fogar.[8] A rexión de Bruxelas abrangue 162 km², unha área relativamente pequena comparada coas outras dúas rexións do país, e ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes.[9] A área metropolitana de Bruxelas é cinco veces maior e ten unha poboación de arredor de 2,5 millóns, sendo a meirande de Bélxica.[10][11][12] Tamén forma parte dunha conurbación que se estende cara ás cidades de Gante, Antuerpen e Lovaina, así como a provincia do Brabante Valón, que é fogar de máis de 5 millóns de persoas.[13]
Historicamente foi unha rexión de fala flamenga, Bruxelas sufriu un proceso cambio lingüístico ao francés a partir de finais do século XIX.[14] Hoxe en día, a rexión de Bruxelas-Capital é oficialmente bilingüe en francés e flamengo.[15][16] Aínda que o francés é a lingua franca con arredor dun 90% dos habitantes quen de falar a lingua,[17][18] Bruxelas tamén é cada vez máis multilingüe. O inglés é falado como segunda lingua por case un terzo da poboación e moitos emigrantes e expatriados tamén falan outras linguas.[17][19]