Bujumbura Rural
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bujumbura Rural é unha das 17 provincias do Burundi, con capital en Isale. Cunha extensión de 1.089 km², en 1999 tiña unha poboación estimada de 436.896 habitantes.
Rodea a cidade de Bujumbura, antiga capital do país, e que forma por si soa a provincia de Bujumbura Mairie.[1] Anteriormente ambas as dúas formaban unha soa provincia, a provincia de Bujumbura.[2]