pornografía From Wikipedia, the free encyclopedia
Bukkake (ぶっかけ?) é un acto sexual en grupo representado no cine pornográfico, onde unha serie de homes toman quendas para exacular sobre unha persoa, xa sexa home ou muller.[1][2][3][4] A práctica ten fortes connotacións de humillación sexual. Polo xeral, ao finalizar a persoa sobre quen se exaculou traga o seme, baleirado previamente nun vaso ou outro elemento similar. Tamén é moi frecuente que exaculen no seu rostro. As escenas de bukkake son relativamente comúns nos filmes pornográficos contemporáneos. Orixinario do Xapón na década de 1980, o xénero espallouse a Norte América e a Europa.
Bukkake é unha palabra que provén do verbo xaponés bukkakeru (ぶっ掛ける, lanzar ou rociar auga),[5] e significa "lanzar", "salpicar" ou "chapuzar".[3][6][7] O verbo composto pódese descompoñer nun prefixo e nun verbo: butsu (ぶつ) e kakeru (掛ける). Butsu é un prefixo derivado do verbo "buchi" que significa literalmente "golpear", pero o seu uso é de intensificador do verbo.[8]
Kakeru, dependendo do contexto significa ducharse ou verter. A palabra bukkake emprégase a miúdo no xaponés para describir o derramamento de auga con forza de abondo para salpicar ou chapuzar. Por outra banda, o termo bukkake emprégase no Xapón para describir un tipo de prato no que o caldo quente se verte enriba dos fideos, como udon bukkake e o bukkake soba.
Diversos autores describiron esta práctica como a premisa da humillación. A psicóloga forense Karen Franklin describiu o bukkake como unha violación grupal simbólica, caracterizándose por ter como propósito primario a humillación, a degradación e a cousificación da muller.[9] Lisa Jean Moore e Juliana Weissbein ven o uso da exaculación no bukkake como parte do ritual de humillación, destacando ademais que esta práctica non contempla a experiencia do orgasmo das mulleres que participan nela.[10] A activista feminista antipornografía Gail Dines describe o impacto dun home exaculando na face ou corpo dunha muller, levado a un extremo a través do bukkake por involucrar a varios homes, como "un dos máis degradantes actos no porno".[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.