Bósforo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Negro e o mar de Mármara (que no seu outro extremo comunica co mar Mediterráneo a través do estreito dos Dardanelos) e que separa Europa e Asia, á beira do cal está situada a cidade de Istambul (Constantinopla).
Hai dúas pontes sobre este estreito. A ponte Bogazici, de 1074 metros de largo, completouse en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmede, posúe unha lonxitude de 1014 metros, completouse en 1988 e atópase a case a cinco quilómetros ao norte da primeira.
Un túnel ferroviario de 13,7 quilómetros foi construído e estimouse a súa entrada en funcionamento para o 2012. Aproximadamente 1400 metros do túnel foron construídos baixo o estreito, a unha profundidade de 55 metros.[1]