Club Atlético Osasuna
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Atlético Osasuna (en éuscaro Osasuna significa saúde ou vigor) é un club deportivo de España con sede en Pamplona, en Navarra. Ten seccións de natación e pelota vasca, pero a máis coñecida é a de fútbol, onde actualmente xoga na Primeira División.
Osasuna | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Atlético Osasuna | ||
Alcume(s) | Rojillos; Gorritxoak | ||
Fundación | 24 de outubro de 1920 | ||
Estadio | El Sadar, Pamplona | ||
Inauguración | 2 de setembro de 1967 | ||
Capacidade | 19.800 | ||
Presidente | Luis Sabalza | ||
Adestrador | Jagoba Arrasate | ||
Liga | Primeira División | ||
2019–20 | 10º | ||
Na rede | |||
http://www.osasuna.es/ | |||
| |||
É o club de fútbol máis importante de Navarra por palmarés e historia, cun total de 30 tempadas en Primeira División, 33 en Segunda e 12 en Terceira[1]. Historicamente, é o 16° mellor equipo de España[1][2]. Foi subcampión da Copa do Rei nunha ocasión, e participou nunha fase previa da Liga de Campións e en catro edicións da Copa da UEFA, competición na que acadou as semifinais en 2007. En decembro de 2006 foi nomeado club do mes do mundo pola IFFHS despois de catro vitorias consecutivas en Liga e outra na Copa da UEFA.[3]
É un dos catro únicos equipos profesionais de España, xunto con Athletic Club, FC Barcelona e Real Madrid, que non é unha sociedade anónima deportiva, de maneira que a propiedade do club recae nos seus socios.[4]