Cabaleiro (doenza)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cabaleiro ou cabalo é unha contractura muscular dolorosa do pescozo. Afecta principalmente ao músculo esternocleidomastoideo, o maior músculo do pescozo. Pode afectar non obstante tamén outros sitios como o trapecio. O cabaleiro é máis frecuente en mulleres[1]. As orixes poden ser por vía conxénita, infecciosa, traumática, ortopédica, por malformacións ou neurolóxica.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cabaleiro (homónimos).
Datos rápidos Síntomas, Causas ...
Cabaleiro (doenza) | |
---|---|
Unha cobaia con cabaleiro a consecuencia dunha malformación | |
Síntomas | dor e contracción muscular |
Causas | vía conxénita, traumática, ortopédica ou neurolóxica, infeccións ou malformacións. |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pechar
De xeito coloquial tamén se denomina postura a unha doenza ou sintoma similar.[2]