moble de asento con respaldo para unha soa persoa From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha cadeira[1] é un moble con respaldo e a súa finalidade é servir de asento a unha soa persoa. Normalmente ten catro patas pero pode ter unha, dúas, tres ou máis. Algunhas contan con repousabrazos. Poden estar fabricadas en diferentes materiais: madeira, ferro, forxa, plástico ou unha combinación de varios. Segundo o seu deseño poden ser clásicas, rústicas, modernas, de oficina etc.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2024.) |
As cadeiras de Grecia e España recoñécense polos relevos e as pinturas que as representan con pés encorvados; normais ou con garras de león e co respaldo curvo e oblicuo. As cadeiras romanas imitaban as gregas e cando tiñan respaldo chamábanse cátedras. Das cadeiras de honor sen respaldo e con asento brando, coñécense dúas clases:
Dende principios do século XVI aparecen a cadeira e a cadeira de brazos clásicas españolas sobrias, rectangulares, levando teas bordadas, veludos ou godomecís suxeitos con puntas de adorno no asento e respaldo e que tan estendidas se encontran en España nos séculos seguintes. No XVIII coa dinastía borbónica vaise impondo o gusto francés das butacas e demais cadeiras ou cadeiras de brazos con acolchados.
As cadeiras de palla ou anea* no asento úsanse dende o século XVI e as de reixa dende o XVII. Neste século e o seguinte estivo moi de moda para reis e nobres a cadeira portátil ou de mans, a modo de coche.
A continuación, enuméranse algúns tipos de cadeiras:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.