Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2003
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2003 foi a tempada número 54 de Fórmula Un da FIA, que se iniciou o 9 de marzo de 2003 e finalizo o 12 de outubro logo de dezaseis carreiras.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 24 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 9 de marzo de 2003 – 12 de outubro de 2003 |
Número de edición | 54 (2003) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Michael Schumacher |
Campionato do Mundo de Construtores | Scuderia Ferrari |
Datos estatísticos | |
Carreires | 16 |
A tempada 2003 viu a introdución de novas regulacións destinadas a aumentar a emoción na F1 e para axudar a aliviar as dificultades financeiras dos equipos máis pequenos. Introducíronse as voltas de cualificación como unha forma de que os equipos máis pequenos conseguisen máis tempo en televisión. Só se lles permitiu utilizar un único tipo de pneumático de choiva nas carreiras sobre mollado. Os sistemas de puntuación, tanto para os construtores como para o título de pilotos foron cambiados de 10, 6, 4, 3, 2, 1 para os primeiros seis finalistas en cada carreira a 10, 8, 6, 5, 4, 3, 2, 1 para os primeiros oito finalistas nun intento de facer os campiotanos máis abertos.
Mentres que o Ferrari de Michael Schumacher gañara o campionato de 2002 por 67 puntos sobre o seu compañeiro de equipo Rubens Barrichello, a tempada de 2003 foi moito máis competida. Na tempada 2003, varios pilotos de varios equipos tiñan posibilidades matemáticas de gañar o campionato do mundo. Oito pilotos diferentes gañaron un Gran Premio, entre eles tres gañadores por primeira vez. Kimi Raikkonen, pilotando un McLaren-Mercedes, e Juan Pablo Montoya, pilotando un BMW Williams, tiveron a oportunidade de loitar polo campionato de 2003 ata finais da tempada, con Raikkonen con probabilidades matemáticas na última carreira, o Gran Premio do Xapón. Räikkönen perdeu o campionato con Schumacher por dous puntos, aínda que só gañou unha carreira e Schumacher, seis. Williams e McLaren, desafiaron durante todo o ano a defensa do título de construtores de Ferrari, unha das poucas tempadas onde houbo tres equipos con posibilidades.
Houbo carreiras notables como o caótico Gran Premio do Brasil, que se viu obstaculizado polas condicións dos monzóns, e o GP de Gran Bretaña, onde a pista foi invadida polo sacerdote, agora apartado do sacerdocio Neil Horan, que correu na recta Hangar, cara a formación de coches que ian a 250 km/h, cunha saia verde e con pancartas relixiosas.
Logo de non poder completar a tempada de 2002, debido a dificultades financeiras, o equipo Arrows tiña a súa solicitude de admisión no campionato de 2003, pero foi rexeitada pola FIA antes do comezo da tempada. Non foi dada ningunha razón publicamente pola FIA e os arrows desareceron logo de 25 anos na Fórmula Un.