From Wikipedia, the free encyclopedia
O can mapache[1] (Nyctereutes procyonoides viverrinus)[2] é unha subespecie de Nyctereutes procyonoides, un mamífero pertencente á familia dos cánidos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
É unha especie do mesmo tamaño ca o raposo, mais coas patas moi curtas, o pelame moi denso e máis groso. A súa fisionomía facial lembra a dun mapache. Vive en forestas de árbores caducas con presenza dun sotobosque mesto e variado. É unha especie solitaria e nocturna. Nada ben na auga. Nas zonas máis frías, hiberna, caso único entre os cánidos. A súa alimentación é omnívora: roedores, aves, ovos, insectos, ras, froitos e tamén raigañas.
Oriúndo do leste de Asia, foi introducido na zona europea da Unión Soviética na década de 1930. Dende entón tense estendido por Finlandia, centro e sueste de Europa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.