Capa de rede
From Wikipedia, the free encyclopedia
O nivel de rede ou capa de rede, segundo a normalización OSI (nivel 3), é un nivel ou capa que proporciona conectividade e selección de ruta entre dous sistemas de hosts que poden estar situados en redes xeograficamente distintas. É o terceiro nivel do modelo OSI e a súa misión é conseguir que os datos cheguen dende a orixe ó destino aínda que non teñan conexión directa. Ofrece servizos ó nivel superior (nivel de transporte) e apóiase no nivel de enlace, é dicir, utiliza as súas funcións.[1][2]
Para realizar o transporte de extremo a extremo utiliza catro procesos básicos:
- Direccionamento
- Encapsulamento
- Encamiñamento
- Desencapsulamento
Para a consecución da súa tarefa, pode asignar direccións de rede únicas, interconectar subredes distintas, encamiñar paquetes, utilizar un control de conxestión e control de erros.