A Carballa da Rocha é un carballo, e varías parcelas arredor deste, situado na Saínza de Abaixo, en Rairiz de Veiga, no concello ourensán de Rairiz de Veiga, que foi declarada árbore senlleira e Monumento natural o 1 de marzo do ano 2007.[2][1][3]. Esas parcelas engloban seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha.

Máis información Marco Legal, Datos de interese ...
Carballa da Rocha
Marco Legal
Figura de Protección:Monumento natural, Árbore senlleira
Ano de constitución:2007
Superficie:0,64 ha.
Lexislación:Decreto 45/2007[1]
Datos de interese
País:Galicia Galicia
Provincias:Ourense
Concellos:Rairiz de Veiga
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:
Pechar

Esta formación arbórea atópase á beira do río Limia preto da antiga Lagoa de Antela e na contorna do ZEC da Veiga de Ponteliñares. A Carballa da Rocha atópase tamén dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.[1]

Historia e características

O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular no que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela. O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cm[4], bifúrcase aos 7 m de altura en dúas pólas de grandes dimensións chegando aos 33 m de altura. Consérvase en bo estado, esmoucouse por última vez nos anos 50 do século XX, e calcúlase que ten 500 anos[5]. Na carballeira celébrase todos os 24 de setembro a Romaría da Saínza, unha das poucas festas que representan a loita entre cristiáns e musulmáns en Galicia[6].

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.