Carballido, Alfoz
parroquia civil do concello de Alfoz / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Sebastián de Carballido é unha parroquia do concello de Alfoz. En 2004 tiña 356 habitantes distribuídos en 17 entidades de poboación e un lugar, cunha densidade media de 43'7 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 290 habitantes, sendo 142 homes e 148 mulleres.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carballido.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Carballido | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Sebastián de Carballido | |
Concello | Alfoz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°32′00″N 7°24′00″O |
Área | 8,14 km² |
Poboación | 256 hab. (2019) |
Densidade | 31,45 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Ten unha superficie de 8,14 km². Limita coas parroquias do Castro de Ouro, Adelán, Bacoi e cos concellos de Foz e Mondoñedo. Pertence ao arciprestado do Valadouro.