Carcinoma ductal invasivo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O carcinoma ductal invasivo (CDI) é a forma máis frecuente de cancro de mama invasivo constituíndo un 80% de todos os casos e caracterízase por ser unha masa ou tumoración con límites non ben delimitados.[1] Na mamografía aparece con bordos mal constituídos con trabéculas e tecido graxo con áreas de necrose e hemorraxia que poden aparecer como calcificacións. No exame físico, a tumoración ten unha constitución máis ríxida ou firme que as lesións benignas do seo. Baixo o microscopio, as células cancerosas invaden e substitúen os tecidos circundantes normais.