From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Caribdis foi un horrible monstro mariño, fillo de Poseidón e Xea, que tragaba enormes cantidades de auga tres veces ó día e devolvíaas outras tres veces, provocando así a forma dun remuíño que devoraba a todo aquel que se poñía ó seu alcance.
Xunto a Escila, outro monstro mariño semellante, limitaba un estreito paso marítimo. Ámbolos lados do estreito estaban á distancia dun tiro de arco, tan próximos entre si que se os mariñeiros que intentaban cruzar o estreito evitando a Caribdis pasaban demasiado cerca de Escila, e viceversa. De aí que a expresión "entre Escila e Caribdis" ten o significado de estar entre dous perigos de tal xeito que tratar de evitar un leva a caer no outro [1].
Os argonautas de Xasón conseguiron evitar os dous perigos grazas a que Tetis, unha das 50 nereidas e nai de Aquiles, guiounos na travesía. Ulises, pola contra, seguiu os consellos de Circe e preferiu arriscarse con Escila, aínda que a costa de perder parte da súa tripulación, antes que perder o barco completo con Caribdis[2]. Non obstante, Ulises volverá a ser vítima de Caribdis despois de que Zeus esnaquizara o seu barco cun raio[3]. Nesta segunda ocasión, Ulises aferrouse ó mastro e, cando Caribdis o tragou puido agarrarse a un arbusto que medraba na rocha. Agardou a que Caribdis vomitase a auga e as madeiras e volveu a collerse ó mastro e así puido chegar, flotando na auga, ata a illa de Oxixia, onde foi recollido por Calipso[4].
Caribdis sitúase, tradicionalmente, no estreito de Mesina, entre Sicilia e Calabria (Italia). Asóciase co remuíño que forman as correntes de auga que conflúen nesta zona, aínda que realmente non é perigoso. Outra posible localización, quizais máis verosímil, sitúano nas proximidades do cabo Skilla, no noroeste de Grecia. Porén, outros investigadores cren que se trata dun lugar puramente fabuloso imposible de identificar con ningún escenario real.
Heracles pasou por alí á volta do seu décimo Traballo, co gando roubado ó xigante Xerión, e Caribdis, que orixinalmente era unha ninfa mariña, rouboulle varias vacas e devorounas, polo que Zeus a castigou transformándoa nun monstro. Outra lenda di que o castigo foi causado porque Caribdis asolagou a terra para ampliar o reino submarino do seu pai Poseidón. Xa neste estado, tragaba grandes cantidades de auga tres veces ó día, incluíndo os barcos que navegaban por este lugar, e logo devolvía a auga.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.