naturalista, ornitólogo, delineante e mestre galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Pedreira López, nado o 8 de setembro de 1945 en Pontedeume, é un naturalista, ornitólogo, delineante naval e mestre de educación primaria galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1945 (79 anos) Pontedeume, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | delineante naval, diplomado en educación primaria |
Actividade | |
Ocupación | naturalista, ornitólogo e tradutor |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Cursou os estudos de Delineación naval e, posteriormente, os da diplomatura de educación primaria, na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela, exercendo como mestre de educación primaria no antigo CEIP Bispo Guerra Campos,[1] de Bertamiráns (hoxe CEIP A Mahía),[2] até a súa prexubilación en 2006.
Foi membro fundador do Grupo Ornitolóxico Galego (GOG), no que ocupou o cargo de vicepresidente, e un dos promotores da creación da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), da que foi membro activo.
Interesado especialmente pola nomenclatura das aves galegas, realizou, en colaboración con Xosé Manuel Penas Patiño a recollida e estudo desas voces, que deron como froito varios artigos aparecidos na revista de filoloxía Verba, da Universidade de Santiago de Compostela.
Colaborou na Gran Enciclopedia Gallega en voces sobre avifauna e algunhas outras.
Así mesmo, dirixiu cursos de ornitoloxía e educación ambiental dirixidos preferentemente a alumnas e alumnos de educación primaria e ESO, e participou en programas de educación para a saúde, para os que elaborou:
Á parte das súas obras de ornitoloxía, educación ambiental e educación para a saúde, traduciu do francés, portugués e inglés varias obras de literatura infantil.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.