Carlota Bustelo García del Real, nada en Madrid o 1 de novembro de 1939[1] é unha política española.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaCarlota Bustelo
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Carlota Bustelo García del Real Editar o valor en Wikidata
1 de novembro de 1939 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Instituto de la Mujer
1983 – 1988
 novo cargoCarmen Martínez Ten (pt) Traducir 
Deputada de España
2 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisFrancisco Bustelo Vázquez Editar o valor en Wikidata  e Carlota García del Real Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrancisco Bustelo García del Real e Carlos Bustelo García del Real Editar o valor en Wikidata
ParentesLeopoldo Calvo Sotelo Bustelo (curmán) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX947531 Dialnet: 1402503
Pechar

Traxectoria

Licenciada en Ciencias Políticas.[2] Pertence ao PSOE desde 1974[3] e en 1976 participou na creación da Fronte de Liberación das Mulleres.[4] Foi deputada por Madrid polo PSOE na lexislatura constituínte (1977-1979). Defendeu a legalización dos anticonceptivos e a igualdade constitucional. Foi a primeira directora do Instituto da Muller en España (1983-1988).[5][6]

Dereitos das mulleres

Bustelo formou parte dos inicios do movemento feminista en España. Segundo o investigador Francisco Arriero Ranz, a finais dos anos 60 e principios dos 70 formou parte do Movemento Democrático das Mulleres xunto con outras mulleres de orixe socialista como Helga Soto ou Graciela Uñá.[7]

En 1975 foi unha das principais impulsoras do grupo Muller e Socialismo:[8][9]

Defensora das cotas e da paridade nos partidos, rexeitou ser incluída nas listas do PSOE nas eleccións lexislativas de marzo de 1979 por considerar que o número de mulleres incluídas era insuficiente.[2]

A súa participación foi clave na Lei do Divorcio aprobada en España o 22 de xuño de 1981.[10]

Defensora dos dereitos sexuais e reprodutivos, comprometida coa loita polo dereito ao aborto, mostrouse partidaria de que o PSOE desenvolvese unha "lei de prazos" "que permitise ás mulleres decidir libremente durante os tres primeiros meses coa máxima información posible" contando co apoio de Esquerda Unida.[3]

Sobre a prostitución, avogou por abordar a prostitución como unha cuestión política, debatida en toda a sociedade, do mesmo xeito que ocorreu cos malos tratos e a violencia contra as mulleres . Como obxectivo inmediato, os dereitos humanos das prostitutas deben ser respectados. A longo prazo, o obxectivo é que a prostitución desapareza.[11]

De 1994 a 1999, Bustelo foi a presidenta fundadora da Fundación Mujeres,[12] organización na que seguiu traballando na defensa dos dereitos das mulleres[13] e da que, denden 2020, é presidenta de honra.[14][15]

En maio de 2020 renunciou á dotación económica (15.000 euros) que estaba asociada ao Premio Internacional Luisa de Medrano á Igualdade, para destinala a recursos, a favor das mulleres vítimas de violencia de xénero e creada no contexto da COVID-19.[16]

Premios e honras

  • Premio anual 2022 na súa XXV edición da asociación feminista El Club de las 25. Ano que coincide cos 25 anos de existencia.[17]
  • Premio Muller Progresista (1995).[19]

Obra

  • Reflexiones sobre mujer y feminismo (1977).[20]
  • Una alternativa feminista (1979).[21]
  • Prólogo no libro: Las Mujeres de los 90: El largo trayecto de las jóvenes hacia su emancipación (1991) Autoría: Josep María Riera, Josep María Riera Mercader e Elena Valenciano. Ediciones Morata

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.