Carmen Blanco García
escritora galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carmen Blanco García, nada en Lugo o 12 de maio de 1954,[1] é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carmen Blanco.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1954 (69 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía, ensaio e narración |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Claudio Rodríguez Fer |
Pechar
Participou dende os anos setenta no movemento de liberación das mulleres, e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que afondou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, asemade, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.