Carolyn R. Bertozzi
química estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carolyn Ruth Bertozzi, nada en Boston, Massachusetts ( Estados Unidos) o 10 de outubro de 1966, é unha química estadounidense da Universidade de Stanford, onde ocupa a cátedra Anne T. e Robert M. Bass na Escola de Humanidades e Ciencias.[1] En 2022, foi galardoada co Premio Nobel de Química, xunto con Barry Sharpless, que obtivo así o seu segundo Nobel,[2] e Morten Meldal, polos seus estudos e implementación da teoría do clic da química, no caso de Bertozzi levando a técnica a un nivel máis avanzado que permitiu utilizala sobre os seres vivos.[3] Ela e o seu equipo chamáronlle química bioortogonal. A universidade Stanford publicou un vídeo en Twitter no que C. R. Bertozzi explica nun minuto as súas investigacións.[4]
Nome orixinal | (en) Carolyn Ruth Bertozzi |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de outubro de 1966 (57 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de California en Berkeley - química (1988–1993) Universidade Harvard - química (1984–1988) Lexington High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Lugar de traballo | Stanford |
Ocupación | química , profesora universitaria , bioquímica , académica |
Empregador | Universidade Stanford (2015–) Laboratorio nacional de Lawrence Berkeley (2007–2015) Universidade de California en San Francisco (2000–2015) Universidade de California en Berkeley (1996–2015) American Cancer Society (pt) , investigadora (pt) (1993–1995) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Mireille Kamariza (en) |
Familia | |
Irmáns | Andrea Bertozzi (pt) |
Premios
| |
Páxina web | profiles.stanford.edu… |
Bertozzi é investigadora do Howard Hughes Medical Institute (HHMI) e foi a directora da "Molecular Foundry", un centro de investigación de nanociencia no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley.[5] [6] Recibiu o premio MacArthur "xenio" aos 33 anos, o que a converteu nunha das científicas máis novas en recibir este premio.[7] [8] En 2010 foi a primeira muller en recibir o prestixioso MIT Lemelson Prize. Tamén é membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, da Academia Nacional de Inventores e do Instituto de Medicina. En 2014, anunciouse que Bertozzi dirixiría ACS Central Science, a primeira revista de acceso aberto revisada por pares da American Chemical Society que ofrece todo o contido libremente ao público.[9]