Casa consistorial do Porriño
edificio público do concello do Porriño / From Wikipedia, the free encyclopedia
A casa consistorial do Porriño é a sede do concello homónimo. Corresponde a un edificio construído dende 1919 a 1924 polo arquitecto galego Antonio Palacios Ramilo dentro da corrente rexionalista.[1] Os deseños son realizados sen encarga previa, e ensaia nun pequeno soar un edificio con carácter monumental. Algúns autores de Galiza gabaron o labor comparándoo ao dun poeta.[2]
Datos rápidos Edificio, Tipo ...
Casa consistorial do Porriño | |
---|---|
Vista do edificio | |
Edificio | |
Tipo | Palacio |
Estilo | Rexionalismo |
Localización | O Porriño |
Coordenadas | 42°09′41″N 8°37′10″O |
Propietario | Concello do Porriño |
Uso(s) | Casa do concello, recepcións e eventos cerimoniosos |
Construción | |
Inicio | 1919 |
Remate | 1924 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Antonio Palacios Ramilo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
En setembro de 1976 a casa consistorial sufriu un grave incendio, que destruíu totalmente o interior do edificio e gretou parte dos seus muros exteriores de pedra.[3]