From Wikipedia, the free encyclopedia
O castelo de Aranga, tamén coñecido como castelo de Almanzor, Hermanzón ou Barmanzón[1][2], foi construído na Alta Idade Media no territorio de Pruzos[3] enriba do antigo Castro de Almanzor[4], sito a 317 m de altitude nun outeiro que domina a desembocadura do río Cambás no río Mandeo, con boas condicións de defensa natural. As ruínas están próximas ó lugar do Barreiro, na parroquia de Aranga, no concello de Aranga.
Castelo de Aranga | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Aranga |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico (séculos X-XII) |
Estado actual | ruínas |
Ben de Interese Cultural | |
Declaración | Resolución DGBAA |
Data | 17 de outubro de 1994 |
Categoría | Monumento |
Código | RI-51-0008824 |
Mapa de localización | |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Existen diversos testemuños documentais que mencionan o castelo: no ano 966 unha doazón do bispo Sisnando II de Iria ó mosteiro de Sobrado dos Monxes que inclúe o castelo con todas as súas prestacións; no ano 995 a restauración do mosteiro de Santa Baia de Curtis promovida por San Pedro de Mezonzo, na que doa unha igrexa próxima ó castelo; no século XII outro documento vincula o castelo coa liñaxe dos Traba ou outras liñaxes próximas; por último no século XV o Preito Tabera - Fonseca menciona que foi derrubado nas revoltas irmandiñas.[3]
No xacemento foi realizada unha escavación arqueolóxica no ano 1944, dirixida por José María Luengo. Rexistráronse varios elementos arquitectónicos: a porta de acceso, unha escaleira tallada na rocha (o que implica pisos a distintos niveis) e varias liñas de defensa (unha delas con seteiras). Recuperáronse fragmentos cerámicos de recipientes de distintas facturas, tellas e ladrillos, restos de madeiras queimadas e unha punta de frecha de ferro. Luengo datou o xacemento entre finais do século X e comezos do XII.[5]
Os restos das estruturas quedaron soterrados baixo a maleza e apenas son visibles. Entre eles destacan un muro e mailos elementos tallados na rocha: as escaleiras e unha base cadrada que se supón que pertenceu á torre da homenaxe. O xacemento está catalogado como Ben de Interese Cultural.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.