Castelo de Dunstaffnage
From Wikipedia, the free encyclopedia
O castelo de Dunstaffnage (en inglés: Dunstaffnage Castle) é un castelo parcialmente en ruínas, situado en Argyll e Bute, no oeste de Escocia. A 4,8 km ao noroeste de Oban, está situado nunha plataforma de rocha conglomerada nun promontorio ao suroeste da entrada ao lago Etive, bordeado en tres dos seus lados polo mar. O seu nome deriva de dúas voces: dün, que significa «fortificación» en gaélico, e stafr-nis, que significa «cabo do estado» en nórdico.
Castelo de Dunstaffnage | |
---|---|
monumento planificado | |
O castelo de Dunstaffnage visto desde o leste, coa casa do garda no centro. | |
Coordenadas | 56°27′17″N 5°26′13″O |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (c. anos 1220) |
Véxase tamén | |
Castelos de Gran Bretaña | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo, que data do século XIII, é un dos máis antigos de Escocia construídos en pedra, nun grupo que inclúe ao castelo de Sween e ao castelo de Tioram.[1] Estando nunha localización estratéxica, foi construído polos señores MacDougall de Lorn, e foi mantido desde o século XV polo Clan Campbell. Até o día de hoxe, hai un capitán hereditario de Dunstaffnage, aínda que xa non reside no castelo. Dunstaffnage é xestionado por Historic Scotland e atópase aberto ao público, aínda que a casa do garda do século XVI consérvase como propiedade privada do capitán.