Especie de roedor From Wikipedia, the free encyclopedia
O Castor fiber é unha especie de roedor castorimorfo da familia Castoridae. É o roedor máis grande de Eurasia.
Vive nos remansos ou correntes lentas de ribeiras, densamente cubertas de vexetación baixa. Moi abundante antigamente en toda Eurasia, hoxe en día só se atopa nalgunhas rexións da antiga URSS. En Europa, os últimos individuos moran no delta do Ródano, a península Escandinava, Alemaña, Polonia e a ex URSS. Nos demais lugares foi exterminado polo ser humano por mor da súa pel, a súa carne suculenta (considerada na Idade Media coma un alimento de Coresma) e a súa glándula de almiscre anal, cuxa secreción, o castóreo, era considerada medicinal.
Áchanse perfectamente adaptados á vida anfibia e saben nadar e mergullar moi ben. Ademais están cubertos por unha pelaxe mesta impermeábel, ten narices obturábeis, rexas patas traseiras dotadas de membrana natatoria e unha cola curiosa, ancha e esmagada, cuberta unicamente de escamas dérmicas.
Os seus fortes dentes acerados permítenlle rillar os toros das árbores pequenas que conseguen deitar. Deste xeito procuran o alimento (follas e casca) e os materiais necesarios para a construción dos seus encoros e casoupas. Estas atópanse formadas por pólas e terróns amoreados; no seu interior encóntrase o niño que fica no medio e medio da auga. Ás veces tamén escavan tobos na beira dos ríos, mais a saída sempre está baixo a auga. Son animais de actividade nocturna e non coñecen o repouso invernal. En América do Norte existe unha variedade que ás veces se considera coma unha especie independente, o Castor canadensis.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.