Castro, Narón
parroquia civil do concello de Narón / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Castro[1] é unha parroquia rural, que se localiza no norte do concello de Narón na provincia da Coruña,cunha superficie de 4,25 km². Segundo o IGE en 2011 tiña 837 habitantes (452 mulleres e 385 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 697 habitantes. A súa densidade poboación é de 196,94 hab./km².
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Castro | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Castro. | |
![]() | |
Concello | Narón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°32′41″N 8°10′39″O |
Área | 4,25 km² |
Poboación | 883 hab. (2017) |
Densidade | 207,76 hab./km² |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Limita ao norte coa parroquia do Sequeiro (Valdoviño), ao sur con Trasancos e o barrio de Piñeiros, ao leste con Sedes e San Xiao de Narón, e ao oeste co Val e Trasancos.