From Wikipedia, the free encyclopedia
A Catedral da Nosa Señora da Asunción de Valladolid é un templo católico localizado na cidade de Valladolid con categoría de catedral, sede da Arquidiocese de Valladolid. Concibida no século XVI e deseñada polo arquitecto Juan de Herrera, é un edificio de estilo herreriano con engadidos barrocos. Actualmente atópase construída nun 40-45%[1], debido á falta de recursos e ós gastos provocados pola difícil cimentación do templo, situado nunha zona cun gran desnivel de terreo.
Catedral de Valladolid | |
---|---|
País | España |
Coordenadas | 41°39′10″N 4°43′24″O |
Diocese | Arquidiocese católica latina de Valladolid |
Estilo | Herrerianismo |
Páxina web | http://www.catedral-valladolid.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Obtivo a categoría de catedral no ano 1595, logo de ser un templo colexial dependente da diocese de Palencia.
Está situada no centro da cidade, nunha zona lixeiramente elevada, preto da Igrexa de Santa María La Antigua e construída xunto á Colexiata de Santa María, anterior igrexa colexial de Valladolid, algúns de cuxos espazos foron destruídos para continuar coas novas obras.
No último cuarto do século XI, o rei Afonso VI encomendou ó conde Pedro Ansúrez a repoboación e administración desta zona que hoxe comprende a provincia de Valladolid. Os núcleos de poboación máis importantes, a beiras do río Pisuerga, eran Cabezón e Simancas, en cuxas terras xurisdicionais ían xurdindo as vilas agrícolas.[2] Unha destas vilas, Valladolid, foi elixida polo conde Ansúrez como asentamento seu e da súa familia e como centro dende o cal organizaría e gobernaría toda a repoboación do contorno. Daquela, Valladolid era unha aldea rodeada por unha cerca de defensa, que contaba cun alcázar e dúas ermidas dedicadas a dous tradicionais: San Julián e San Pelayo. O conde Ansúrez elixiu a zona de extramuros para edificar o seu propio palacio. Desta forma iniciou unha expansión da vila cara ao sueste. Ademais do palacio construíu unha igrexa ou capela privada, que sería a orixe da actual Igrexa de Santa María La Antigua, e unha Colexiata ou igrexa Maior que veu a substituír a ermida de San Pelayo e que deu un pulo á importancia relixiosa da vila. Esta igrexa Maior, edificada en estilo románico, chamouse Santa María a Maior e foi a orixe da catedral valisoletana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.