especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Ceiba pentandra é unha árbore tropical da orde Malvales e da familia Malvaceae (anteriormente foi clasificada na familia Bombacaceae), orixinaria de México, América Central e o Caribe, norte de América do Sur, e (como a variedade C. pentandra var guineensis) no oeste de África. Unha variedade un pouco máis pequena foi introducida no sur e sueste de Asia, onde é cultivada.
Ceiba pentandra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En Honolulu. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Ceiba pentandra | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Ceiba pentandrum (L.) Kuntze |
A árbore crece ata os 73 metros de altura, segundo o confirman as escaladas e a caída de cinta[2] con informes de exemplares que superan os 77 metros de alto.[3] Estas árbores enormes atópanse no Neotrópico ou na África tropical. A variedades de C. pentandra presente no sur de Asia só chega até os 27 metros.[4] Os troncos a miúdo poden medir ata 3 m de diámetro por riba das extensas raíces que medran como contrafortes. Porén, os individuos máis grandes poden ter un grosor de 5,8 m ou máis por riba dos contrafortes.[5][6][7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.