From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Centrárquidos (Centrarchidae) son unha familia de peixes de auga doce, incluídas na orde dos Perciformes. A súa distribución redúcese ás augas continentais de Norteamérica.
Corpo normalmente alto. O tamaño medio desta familia rolda os 20–30 cm, pero atopáronse exemplares de Micropterus salmoides que alcanzaban 1 m.
Teñen de 5 a 13 espiñas na aleta dorsal, aínda que a maioría das especies teñen de 10 a 12. Caracterízanse por presentar dous ou tres espiñas na anal.
O macho constrúe un niño aproveitando algunha depresión que aumenta coa boca, e logo vixía a posta.
Algunhas especies desta familia son moi apreciadas para a pesca deportiva, polo que se introduciron en áreas fóra do seu hábitat orixinal, o que ocasionou grandes danos medioambientais, ben por desprazar a outras especies autóctonas, ben por eliminalas por completo.
En España introducíronse as especies Micropterus salmoides e Lepomis gibbosus, e constatouse un desprazamento das especies autóctonas a espazos pouco favorables, co perigo de producir extincións locais.
Dáse o caso, ademais, de que especies controladoras das poboacións de peixes de río, como a londra (Lutra lutra), un dos principais depredadores ictiófagos das augas continentais ibéricas, non adoita consumir estas especies americanas, polo que nin ela consegue alimento suficiente nin a poboación alóctona resulta controlada.
Divídense en oito xéneros e 27 especies:
Ademais de dous xéneros de clasificación incerta:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Centrárquidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Centrárquidos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.