Perciformes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Perciformes
Remove ads

Os Perciformes (tamén chamados percomorfos (Percomorphi) ou acantópteros (Acanthopteri)) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Constitúe a orde máis grande de vertebrados (Fish Base), e comprende máis de 7.000 especies diferentes, con ó redor do 40% de tódolos peixes. Presentan moi diferentes formas e tamaños, e habitan en case tódolos medios acuáticos, principalmente mariños.

Datos rápidos Fontes e ligazóns, ITIS ...
Thumb
Maragota (Labrus bergylta)
Remove ads

Características

Xeralmente teñen unha aleta dorsal de ampla base, cun rebaixe. Nas aletas dorsal e anal, os primeiros radios están transformados en espiñas en número variable. O habitual é unha espiña nas aletas pelvianas. As escamas adoitan ser ctenoides pero tamén hai especies con escamas cicloides ou doutros tipos.

Clasificación

A clasificación taxonómica dos perciformes é controvertida e hai autores que os consideran un grupo parafilético Fish Base. Divídese en 18 subordes:

Thumb
Salmonete de rocha (Mullus surmuletus), exemplar da suborde Percoidei
  • Suborde Percoidei
    • Superfamilia Percoidea
    • Superfamilia Cirrhitoidea
    • Superfamilia Cepoloidea
  • Suborde Elassomatoidei
  • Suborde Labroidei (Maragota)
  • Suborde Zoarcoidei
  • Suborde Trachinoidei (Faneca brava)
  • Suborde Notothenioidei
  • Suborde Blennioidei
  • Suborde Icosteoidei
  • Suborde Gobiesocoidei
  • Suborde Callionymoidei
  • Suborde Gobioidei (Gobios)
  • Suborde Kurtoidei
  • Suborde Acanthuroidei
  • Suborde Scombrolabracoidei
  • Suborde Scombroidei (Túnidos)
  • Suborde Stromateoidei
  • Suborde Anabantoidei
  • Suborde Channoidei

O ITIS non contempla a suborde Scombrolabracoidei pero si inclúe os Xiphioidei.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads