Centro de São Paulo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Zona Central de São Paulo, ou simplemente Centro de São Paulo, é a rexión administrada pola Prefeitura Regional da Sé, que engloba os distritos da Bela Vista, Bom Retiro, Cambuci, Consolação, Liberdade, República, Sé e Santa Cecília, onde se atopan varios centros comerciais e administrativos.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | São Paulo | ||||
Municipio | São Paulo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 431.106 (16.454,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 26,2 km² | ||||
Nas décadas de 1940 á 1970, a rexión foi un dos maiores centros financeiros da América Latina, e foi polo que a cidade comezou a urbanizarse.
Non debe ser confundida coa rexión coñecida como centro expandido, utilizada eventualmente pola prefectura da cidade en acións de planificación urbanística, a cal engloba tamén partes das subprefecturas da Mooca, Lapa, Pinheiros, Vila Mariana e Ipiranga, ou co Centro Histórico de São Paulo, que engloba só a parte máis antiga da rexión central.