Ceo (relixión)
Concepto relixioso e cosmolóxico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ceo, os ceos ou sete ceos, é un lugar relixioso, cosmolóxico ou transcendental común onde seres como deuses, anxos, xenios, santos ou devanceiros venerados, supostamente, teñen orixe ou viven.[1][2] De acordo coas crenzas dalgunhas relixións, os seres celestiais poden descender á Terra, encarnados nun corpo terrestre ou non, mentres os seres terrestres poden ascender ós ceos trala morte, ou en casos excepcionais, aínda vivos.
O ceo é moitas veces descrito como un "lugar máis alto", o lugar máis sagrado ou un paraíso, en contraste co inferno, co submundo ou cos "lugares baixos", e universalmente ou condicionalmente accesíbel por seres terreos de acordo con varios tipos de divindade, bondade, piedade, fe, outras virtudes ou simplemente pola vontade de Deus. Algúns cren na posibilidade dun Ceo na Terra nun mundo vindouro.[3]
Outra crenza é na axis mundi, que liga os ceos, o mundo terrestre e o submundo. Nas relixións indias, o Ceo é considerado como Svarga loka, e a alma é novamente sometida ó renacemento en distintas formas de vida de acordo co seu karma. Este ciclo pode ser quebrado tras unha alma alcanzar o Moksha ou Nirvana. Calquera lugar da existencia, tanto das persoas tanto das almas ou divindades, fóra do mundo tanxíbel (ceo, inferno ou outro) é referido como outro mundo.