Cerambícidos
escaravellos de antenas extremadamente longas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cerambícidos (Cerambycidae) son escaravellos que constitúen unha familia cosmopolita de coleópteros, caracterizados polas súas antenas extremadamente longas (parecen "cornos"), que a miúdo son tan longas ou máis que todo o corpo do animal. Porén, hai tamén varios membros da familia nos que as antenas son bastante curtas (por exemplo, Neandra brunnea) e esas especies son difíciles de distinguir dos escaravellos da familia dos crisomélidos. É unha familia grande, cunhas 26.000 especies descritas, algo máis da metade do hemisferio oriental. Varias especies son graves pragas agrícolas. As larvas, perforan a madeira, e causan grandes danos a árbores vivas e a madeira non tratada (ou, ocasionalmente, á madeira de edificios construídos; o Hylotrupes bajulus é un especial problema dentro das casas). Varias especies imitan formigas, abellas e avespas, aínda que a maioría das especies están coloreadas cripticamente. O raro escaravello titán (Titanus giganteus) do nordeste de Suramérica considérase a miúdo o maior insecto (aínda que non o máis pesado nin o máis longo se incluímos as patas), cunha lonxitude corporal máxima rexistrada de 16,7 cm.[2]
Cerambycidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Batus barbicornis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||
10, ver texto |
O nome científico da familia procede do personaxe Cerambos da mitoloxía grega: despois dunha discusión coas ninfas, o pastor e cantor Cerambos foi transformado nun gran escaravello con cornos.