![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5a/DL-Fructose.svg/langgl-640px-DL-Fructose.svg.png&w=640&q=50)
Cetosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha cetosa é un monosacárido cun grupo cetona por molécula, xeralmente no carbono 2.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5a/DL-Fructose.svg/320px-DL-Fructose.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/67/Beta-D-Fructofuranose.svg/160px-Beta-D-Fructofuranose.svg.png)
A cetona máis simple é a triosa dihidroxiacetona, que é a única que non ten actividade óptica, xa que a molécula non contén ningún carbono asimétrico. As cetosas denomínanse cetotriosas, cetotetrosas, cetopentosas, cetohexosas, cetoheptosas etc. segundo teñan respectivamente 3 átomos de carbono, 4, 5, 6 ou 7.
En disolución as cetosas de 5 ou máis átomos de carbono cíclanse, xa que o grupo carbonilo (C=O) que forma o grupo cetona pode reaccionar cun OH doutro carbono, orixinando un enlace intramolecular denominado hemicetal[1], no cal os dous carbonos implicados quedan unidos por un osíxeno.
As cetosas poden isomerizar a aldosas por medio da transformación de Lobry de Bruyn-van Ekenstein[2].
Para saber se un composto é unha cetosa ou unha aldosa realízase o test de Seliwanoff[3]. Trátase dunha cetosa cando o test dá positivo.