Chacal
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un chacal é un membro de calquera de tres[1] especies de mediano tamaño de depredadores do xénero Canis, que se atopan en África, Asia, e o sueste de Europa.[2] Os chacais ocupan un nicho ecolóxico semellante ao dos coiotes[3] en América do Norte. As tres especies son depredadores omnívoros de animais de talle mediano, como tamén preeiros de ser preciso. As patas longas e os cairos curvos están adaptados para a caza de pequenos mamíferos, aves e réptiles. As súas plantas grandes e os ósos longos das súas patas convértenos en corredores de longa distancia, sendo quen de manter velocidades de 16 km/h por extensos períodos de tempo. Están máis activos entre lusco e fusco.
Chacal | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chacal de lombo negro en Cape Cross, Namibia | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Canis aureus, chacal dourado |