![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/36/Charmed_logo.svg/langgl-640px-Charmed_logo.svg.png&w=640&q=50)
Charmed
serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Charmed é unha serie de televisión estadounidense creada por Constance M. Burge e producida por Aaron Spelling e a súa compañía Spelling Television, con Brad Kern como showrunner. A serie emitiuse orixinalmente a través da canle The WB durante oito tempadas dende o 7 de outubro de 1998 até o 21 de maio de 2006. Conta a historia de tres irmás, coñecidas como "The Charmed Ones", as máis poderosas bruxas de tódolos tempos, que usan o seu "poder de tres" combinado para protexer as vidas dos inocentes de forzas do mal como demos e bruxos. Cada irmá posúe poderes máxicos únicos que crecen e evolucionan, ó tempo que tratan de manter unha vida normal na cidade de San Francisco. Manter as súas identidades sobrenaturais separadas e en segredo das súas vidas ordinarias convértese a miúdo nun desafío para elas, xa que a exposición da maxia ten consecuencias de grande alcance nas súas diversas relacións e resulta nunha serie de investigacións do FBI ó longo da serie. Ó principio, a serie enfócase nas tres irmás Halliwell, Prue (Shannen Doherty), Piper (Holly Marie Combs) e Phoebe (Alyssa Milano). Despois da morte de Prue a finais da terceira tempada, a súa medio-irmá Paige Matthews (Rose McGowan) asume o seu lugar no "poder de tres" a partir da cuarta tempada.
![]() | |
Casa vitoriana das irmás Halliwell. | |
Formato | Fantasía, sobrenatural, acción |
---|---|
Creado por | Constance M. Burge |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
Tema de apertura | "How Soon Is Now?" de Love Spit Love |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | inglés |
Temporadas | 8 |
Episodios | 178 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Cámara | Panavision, unha cámara |
Duración | 40–45 minutos |
Distribuidor |
|
Canle de orixe | The WB |
Formato de imaxe | |
Primeiro episodio | 7 de outubro de 1998 |
Derradeiro episodio | 21 de maio de 2006 |
Na rede | |
http://www.tnt.tv/series/charmed e https://www.tntdrama.com/shows/charmed | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |