FBI - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for FBI.

FBI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Federal Bureau of Investigation, traducida ás veces como Oficina Federal de Investigación ou Axencia Federal de Investigación, coñecida tamén co acrónimo FBI é a principal rama de investigación do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos de América.

Historia e características

As oficinas centrais da FBI están situadas en Washington, D.C., e tamén hai 56 oficinas locais situadas nas principais cidades dos Estados Unidos, así como máis de 400 organismos residentes en pequenas cidades e vilas, e máis de 50 oficinas internacionais, chamadas "Diplomacias Legais", en embaixadas dos Estados Unidos en varios países.

O artigo 28, do Código Civil dos Estados Unidos, na sección 533, autoriza ao ministro de Xustiza para "designar a funcionarios para descubrir crimes ... contra os Estados Unidos" e outros estatutos federais dan autoridade ao FBI e a responsabilidade de investigar crimes específicos.

En 2011, o FBI tiña xurisdición investigadora sobre as violacións de máis de 200 categorías de crimes federais, desta forma convértese na axencia policial federal máis grande do mundo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
FBI
Listen to this article