![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Lonesome_George_in_profile.png/640px-Lonesome_George_in_profile.png&w=640&q=50)
Chelonoidis abingdonii
From Wikipedia, the free encyclopedia
Chelonoidis abingdonii é unha especie de tartaruga xigante das Galápagos propia da illa Pinta (ou illa Abingdon) do arquipélago das Galápagos[2][3], que probablemente está extinta.[4]
Chelonoidis abingdonii | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() George o Solitario na Estación de Investigación Charles Darwin en 2006, o último individuo coñecido desta especie de tartaruga das Galápagos | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Extinto [1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() Mapa das illas Galápagos indicando a localización das especies |
A especie foi descrita por Albert Günther en 1877 a partir de espécimes que chegaron a Londres. Ao final do século XIX a maioría das tartarugas da illa Pinta foran exterminadas debido á caza.[5] Contra mediados do século XX, a especie considerábase extinguida[6] ata que se descubriu un só macho na illa en 1971. Este macho, ao que lle chamaron George o Solitario (Lonesome George), intentouse aparealo con outras especies, pero non se conseguiron ovos viables. O exemplar morreu en 2012 e a especie considerouse extinguida.[7] Porén, despois, en 2012, detectáronse 17 híbridos de primeira xeración que se encontraron no volcán Wolf da illa Isabela durante unha expecición de investigadores da Universidade Yale. Como estes espécimes eran xoves, os seus pais debían estar aínda vivos, polo que podería haber superviventes desta especie.[8][9]