From Wikipedia, the free encyclopedia
Chichén Itzá é unha cidade arqueolóxica maia localizada no estado mexicano do Iucatán, en México. O nome Chichén-Itzá ten raíz maia e significa "na beira do pozo do pobo Itza".[1] Vestixio importante da civilización maia, as edificacións principais corresponden co período clásico serodio ou posclásico temperán (800-1100 dC.).
Chichén Itzá | |
---|---|
Chichén Itzá, Pirámide de Kukulcán | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | México |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, III |
Inscrición | 1988 (12ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 483 |
A arquitectura monumental que chegou até os nosos días, que é emblemática do xacemento, ten unha clara influencia tolteca. O deus que preside o sitio, segundo a mitoloxía maia, é Kukulcán, representación maia de Quetzalcóatl, deus tomado do panteón da cultura tolteca.
Chichén Itzá foi unha cidade[2] ou un centro cerimonial, que pasou por diversas épocas construtivas e influencias dos distintos pobos que a ocuparon e que a fixeron medrar dende a súa fundación.
A zona arqueolóxica de Chichén Itzá foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1988.[3] O 7 de xullo de 2007, o Templo de Kukulcán, en Chichén Itzá, foi recoñecido como unha das novas sete marabillas do mundo, por unha iniciativa privada sen o apoio da Unesco, pero co recoñecemento de millóns de votantes arredor do mundo.[4]
Nos equinoccios, pola pirámide de chanzos co Castelo parece baixar unha serpe, efecto óptico co Sol como protagonista, logrado polos arquitectos maias.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.