China (homónimos)
páxina de homónimos de Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O topónimo China pode facer referencia a:
- Estados actuais
- China
- A República Popular da China, comunmente chamada China, estado fundado en 1949 que exerce a soberanía sobre a chamada China continental, así como sobre Hong Kong e sobre Macau. Ademais, reivindica a súa soberanía sobre a illa de Taiwán (antigamente chamada Formosa). Membro das Nacións Unidas desde 1971, é recoñecida diplomaticamente pola maior parte dos países do mundo.
- A República da China, comunmente chamada Taiwán, estado que desde 1949 só exerce a soberanía sobre as illas de Taiwán, Penghu, Kinmen e Matsu. Foi membro das Nacións Unidas até 1971. Na actualidade, só conta co recoñecemento diplomático de 24 países do mundo.
- Estados antigos
- O Imperio da China, antigo réxime que gobernou a China durante case dous mil anos.
- O Imperio do Gran Qing, imperio chinés que existiu desde 1644 até 1912, data na que o emperador Puyi abdicou, tras a Revolución de Xinhai.
- A República da China (1912-1949), réxime político que sucedeu á derradeira dinastía imperial chinesa, no ano 1912, e que perdurou até a vitoria na guerra civil chinesa dos comunistas. A illa de Taiwán foi a única provincia chinesa na que se mantivo o réxime desta república (República da China).
- O goberno de Beiyang ou goberno dos señores da guerra, unha serie de réximes que gobernaron desde Pequín entre 1912 e 1928, que foron recoñecidos internacionalmente como o lexítimo goberno da República da China.
- O Imperio da China (1915-1916), un intento de Yuan Shikai por restablecer a monarquía na China.
- O Goberno provisional da República da China, estado monicreque do Imperio do Xapón establecido na China entre 1937 e 1940.
- O Goberno nacionalista de Nanquín, estado monicreque do Imperio do Xapón establecido na China entre 1940 e 1945.
- Áreas xeográficas
- China (rexión), a rexión cultural, área xeográfica e berce da civilización chinesa, que se estende sobre parte da Asia Oriental.
- China continental, área xeográfica que comprende a zona continental da China, excepto as rexións administrativas de Hong Kong e Macau e o territorio de Taiwán.
- Hidrografía
- Localidades
- Estados Unidos:
- Xapón:
- China, localidade da prefectura de Kagoshima.
- México:
- China, localidade do estado de Nuevo León.
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Amais, como antropónimo feminino pode referirse a:
- China Zorrilla, actriz uruguaia.
- China Machado, actriz, modelo, editora e produtora de televisión chinesa de orixe macaense
- China Anne McClain, actriz e cantante estadounidense.
Como antropónimo masculino pode referirse a:
- China Miéville, autor británico de ciencia ficción