Monarquía
forma de goberno / From Wikipedia, the free encyclopedia
Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo
- por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)
- recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.
Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.
Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (rei: Carlos III do Reino Unido e primeiro ministro: Rishi Sunak), Suecia, Países Baixos etc.
Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, o rei Carlos III do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros do Canadá, Bahamas ou Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.