Chinese Basketball Association
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Chinese Basketball Association (do inglés: Asociación de Baloncesto Chinesa; en chinés: 中国男子篮球职业联赛, pinyin: Zhōngguó Nánzǐ Lánqiú Zhíyè Liánsài) é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino na República Popular da China. Fundada no ano 1995, está considerada a máis importante competición deste deporte en Asia. A liga é coñecida de forma habitual tanto por fans como en xeral co acrónimo CBA. A CBA non debe confundirse coa National Basketball League (NBL), outra competición profesional chinesa de inferior categoría. Existe tamén a Women's Chinese Basketball Association (WCBA) feminina.
Chinese Basketball Association | |
---|---|
Fundación | 1995 |
País | China |
Confederación | FIBA (Asia) |
Equipos | 20 |
Copa | Copa de Francia |
Actual campión | Flying Leopards (1º título) |
Máis laureado | Bayi Rockets e Southern Tigers (8 títulos) |
Sitio web | cba-chinaleague.com |
Algúns xogadores chineses desta competición teñen chegado a xogar na National Basketball Association (NBA), entre eles Wang Zhizhi, Mengke Bateer, Yao Ming, Yi Jianlian, Sun Yue ou Zhou Qi. Por outra banda, estrelas da NBA teñen participado nesta competición, entre eles os All-Stars Stephon Marbury, Tracy McGrady, Gilbert Arenas, Steve Francis e Metta World Peace (Ron Artest).