Liaoning Flying Leopards
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Liaoning Flying Leopards (chinés simplificado: 辽宁药都本溪飞豹, chinés tradicional: 遼寧藥都本溪飛豹), tamén coñecido por motivos de patrocinio como Liaoning Scale Industry Flying Leopards ou simplemente Liaoning Scale Industry, son un equipo profesional de baloncesto da China con sede na cidade de Benxi (Liaoning). Os Flying Leopards compiten na Division Norte da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés. O equipo xoga os seus partidos como local no Pavillón de Liaoning, recinto con capacidade para 4.500 espectadores, aínda que ocasionalmente xoga algúns partidos como local noutras cidades. O patrocinador do club é Liaoning Scale Industry Group, cuxa mascota é un leopardo de Amur (en inglés: flying leopard). O seu maior éxito é a consecución do título de liga na temporada 2017−18.
Liaoning Flying Leopards | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Liaoning Flying Leopards 辽宁药都本溪飞豹 |
Liga | CBA (Norte) |
Alcume | Flying Leopards |
Fundación | 1995 |
Historia | Liaoning Hunters (1995−2008) Liaoning Dinosaurs (2008–2011) |
Cores | Púrpura, ouro, branco |
Presidente | Grupo Liaoning Hengrun |
Adestrador | Guo Shiqiang |
Localización | |
Cidade | Benxi, China |
Pavillón | Pavillón de Liaoning |
Capacidade | 4.500 |
Campionatos | |
Liga | 1 (2018) |
cba.hupu.com/teams/liaoning |