Chipre no Festival de Eurovisión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Chipre debutou no Festival de Eurovisión 1981 e dende entón ficou presente en todas as edicións, excepto en 1988, ano en que a súa canción foi eliminada, e no Festival de Eurovisión 2011 e no Festival de Eurovisión 2014.
Chipre | |
---|---|
Estación membro | CyBC |
Final nacional | Final Nacional 1982 1984 1990-2000 2004-2006 2008-2012 2015 Selección interna |
Aparicións | 34 |
Primeira aparición | 1981 |
Mellor resultado | |
Final | 2º 2018 |
Semifinal | 2º 2018 |
Peor resultado | |
Final | 22º 2015 |
Semifinal | 18º 2011 |
Ligazóns externas | |
Páxina de Chipre en Eurovision.tv |
O seu mellor resultado foi o quinto lugar, o cal o logrou en tres ocasións: no 1982 con Anna Vissi, no 1997 con Chara e Andreas Constantinou e no 2004 con Lisa Andreas.
A maior parte das cancións chipriotas foron cantadas en grego ou en inglés, habendo excepcións como no ano 2000 cando a canción "Nomiza" incluía grego e italiano, e no 2007 cando Evridiki interpretou "Comme Ci, Comme Ça" en francés. Aínda que o turco é unha das linguas oficiais do país, ningunha canción chipriota o usou, xa que nungún turcochipriota representou a Chipre no certame.