Ciudadanos en Blanco
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ciudadanos en Blanco (Cenb) é unha agrupación política española que se autodefine como unha "agrupación de ciudadanos y ciudadanas unidos en torno a la difusión, defensa e implantación del Voto en Blanco Computable"[1], inscrita no rexistro de partidos para acadar lexislar o voto en branco como un voto computable de xeito que se reflicta en escanos baleiros[1]. Cenb fundouse en 2002[2] nas Illas Baleares. Desde entón vense presentando ás eleccións nos 3 niveis territoriais (local, autonómico e estatal). En outubro de 2011, xunto con outras organizacións, funda a coalición hartos.org[3].
Ciudadanos en Blanco | |
---|---|
Acrónimo | CenB |
Tipo | partido político español |
Data de fundación | 8 de abril de 2003 |
Sede | Sant Lluís |
País | España |
Na rede | |
http://ciudadanosenblanco.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O motivo do seu programa electoral débese á actual lei electoral española (LOREG)[4], na cal os votos en branco son válidos e contabilizados para calcular a porcentaxe de votos de cada partido que, para poder entrar no repartimento de escanos, debe superar a barreira do 3% nas eleccións xerais e o 5% nas municipais e na maioría das autonómicas. Porén, ditos votos en branco non son tidos en conta á hora de facer o repartimento de escanos, aínda que superen a porcentaxe marcada. Segundo esta agrupación, se o voto en branco conta para calcular a porcentaxe de cada partido, debe de contar tamén para facer o repartimento como se fose un partido máis. No caso de que deste xeito lle correspondese algún escano aos votos en branco, reflectiríase en escanos baleiros sen ocupar.
CenB ofrécese aos votantes que teñan intención de votar en branco como unha ferramenta para facer visible dito voto mediante a non-ocupación do escano e a renuncia a calquera emolumento que lle puidera corresponder por ter acadada a representación. A pesar da grande expansión que sufriu desde a súa fundación, aínda non logrou presentar listas en todas as provincias do Estado español.