From Wikipedia, the free encyclopedia
Claude Barruck Joseph Lelouch ([ləluʃ]), nado en París o 30 de outubro de 1937 é un director, actor, produtor e director de fotografía francés.
Lelouch naceu en París, fillo de Charlotte Abeilard e Simon Lelouch.[1] O seu pai naceu nunha familia xudía alxeriana e a súa nai converteuse ao xudaísmo.[2][3] O seu pai deulle unha cámara para que tivese un novo comezo tralo fracaso no bacharelato. Comezou a súa carreira facendo reportaxes, unha das primeiras consistiu en filmar a vida diaria na Unión Soviética, coa cámara oculta baixo o abrigo durante unha viaxe persoal. Tamén filmou acontecementos deportivos.
A súa primeira longametraxe como director, Le Propre de l'homme, recibiu malas críticas. La femme spectacle (1963), que seguía prostitutas, mulleres de compras e operacións estéticas de nariz, foi censurado pola súa misoxinia. Un homme et une femme cambiou a súa sorte e recibiu o favor mesmo dos críticos de Cahiers du cinéma. Con este filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes e o Óscar ao mellor guión orixinal. Neste filme a música é do seu compositor habitual Francis Lai.
Nos últimos anos o público e a crítica estivo menos interesado nos seus filmes como director.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.