Cognición
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cognición (do latín cognoscere, 'coñer') é o acto ou proceso de coñecer, que implica atención, percepción, memoria, raciocinio, xuízo, imaxinación, pensamento e linguaxe. O termo ten orixe nos escritos de Platón e Aristóteles.
Fai referencia á facultade dos seres de procesar información a partir da percepción, o coñecimiento adquirido (experiencia) e características subxectivas que permiten valorar a información.
Os procesos cognitivos poden ser naturais ou artificiais, conscientes ou inconscientes, o que explica o por que se abordou o seu estudo desde diferentes perspectivas incluíndo a neuroloxía, psicoloxía, socioloxía, filosofía, as diversas disciplinas antropolóxicas, e as ciencias da información, tales como a intelixencia artificial e a xestión do coñecemento.
A cognición está intimamente relacionada con conceptos abstractos tales como mente, percepción, razoamento, intelixencia, aprendizaxe e moitos outros que describen numerosas capacidades dos seres superiores (aínda que estas características tamén as compartirían algunhas entidades non biolóxicas segundo propón a intelixencia artificial.
Nas primeiras etapas de desenvolvemento do concepto críase que a cognición era unha característica unicamente humana, pero co desenvolvemento da etoloxía e a intelixencia artificial, discútese a validez de tal argumento.