Aristóteles
filósofo grego, un dos maiores pensadores de todos os tempos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Aristóteles de Estaxira (en grego antigo , Ἀριστοτέλης, Aristotélēs), nado no ano 384 a.C. e finado no ano 322 a.C., foi un importante filósofo grego, un dos maiores pensadores de todos os tempos. As súas reflexións filosóficas (por un lado orixinais e por outro reformuladoras da tradición grega) acabaron por configurar un modo de pensar que se estendería por séculos. Prestou inigualábeis contribucións para o pensamento humano, destacando en ética, política, física, metafísica, lóxica, psicoloxía, poesía, retórica, zooloxía, bioloxía, historia natural e outras áreas de coñecemento. É considerado por moitos o filósofo que máis influíu no pensamento occidental.
Nome orixinal | (grc) Ἀριστοτέλης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 384 a. C. Estagira (Chalkidian League) |
Morte | 322 a. C. (61/62 anos) Chalcis (Reino de Macedonia) |
Causa da morte | Morte natural (Doenza intestinal ) |
Lugar de sepultura | Estagira |
Datos persoais | |
Residencia | Atenas (366 a. C.–347 a. C.) Atenas (335 a. C.–323 a. C.) |
Grupo étnico | Gregos |
Educación | Academia de Atenas |
Lateralidade | manicho |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía e filosofía da natureza |
Ocupación | filósofo |
Movemento | Escola peripatética |
Profesores | Platón |
Alumnos | Alexandre o Grande, Teofrasto, Aristóxenes (pt) , Dicearco (pt) , Eudemo de Rodes (pt) , Clearco de Soles (pt) , Phaenias of Eresus (en) , Camaleão (pt) , Neleu de Escépsis (pt) , Clytus of Miletus (en) e Meno (en) |
Influencias | |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Pítia |
Parella | Herpyllis (en) |
Fillos | Nicómaco (pt) () Herpyllis (en) Pythias (en) () Pítia (pt) |
Pai | Nicomachus (en) |
Irmáns | Arimneste (en) e Arimnestus (en) |
Filosofía grega |
---|
Aristóteles escribiu cerca de 200 tratados sobre unha enorme variedade de temas transformando case todas as areas do coñecemento que tocou, recoñecido como pai e fundador da lóxica e da bioloxía pois foi o primeiro en realizar as primeiras investigacións. Entre moitas das contribucións, destacan a teoría da xeración espontánea na que se sostiña que moitas formas de vida aparecían de maneira espontánea a partir de materia inerte, ata o ano 1668, cando o químico francés Pasteur postulou a lei da bioxénese, pola cal a teoría de Aristóteles apoiada máis tarde da súa creación por pensadores como Descartes, Bacon ou Newton quedaba totalmente no recordo. Outros traballos seus son a teoría do principio de non contradición, os conceptos de categoría, substancia, acto, potencia e primeiro motor inmóbil. Ademais disto, cabe destacar que Aristóteles foi discípulo de Platón e doutros pensadores como Eudoxo durante os vinte anos que estivo na Academia de Atenas.[1] Pouco despois da morte de Platón, Aristóteles abandonou Atenas para ser o mestre de Alexandre o Grande no Reino de Macedonia durante case 5 anos.[1] Na última etapa da súa vida fundou o Liceo en Atenas onde ensinou ata un ano antes da súa morte.[1]
Aristóteles escribiu preto de 200 obras, das cales só se conservaron 31 (ningunha delas destinada á publicación) no Corpus Aristotelicum sobre unha enorme variedade de temas, entre eles: lóxica, metafísica, filosofía da ciencia, ética, filosofía política, estética, retórica, física, astronomía e bioloxía.[2] Aristóteles transformou moitas, se non todas, as áreas do coñecemento que abordou. É recoñecido como o pai fundador da lóxica e da bioloxía, pois aínda que existen reflexións e escritos previos sobre ambas as materias, é no traballo de Aristóteles onde se atopan as primeiras investigacións sistemáticas respecto diso.[3][4] Aristóteles tamén foi chamado o pai da ciencia política, zooloxía, embrioloxía, lei natural, método científico, retórica, psicoloxía, realismo, crítica, individualismo, teleoloxía e da meteoroloxía.[5]