numismático e avogado suízo From Wikipedia, the free encyclopedia
Colin Henri Martin,[1] nado o 11 de marzo de 1906 en Lausana e finado o 2 de xaneiro de 1995 en Aubonne, foi un numismático, avogado e director de museo suízo.
Colin Martin | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1906 |
Morte | 2 de xaneiro de 1995 (88 anos) Aubone. Suíza |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza. |
Educación | Universidade de Lausana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e dereito. |
Ocupación | avogado , numismático |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Cónxuxe | Mariette Andrée Irène van Muyden (1941). |
Premios | |
(1987): Premio Otto Paul Wenger. |
Colin Martin naceu en Lausana o 11 de marzo de 1906,[2] fillo de Marguerite Viret e do comerciante Henri Martin.[1]
Cursou estudos superiores de Dereito na Universidade de Lausana. Logo de se dedicar durante uns anos aos negocios, en 1940 acadou o seu doutoramento en Historia do Dereito, cunha tese sobre lexislación monetaria titulada La réglementation bernoise des monnaies ("A regulación monetaria de Berna"), que foi publicada o mesmo ano.[2][3]
En 1942 ingresou no colexio de avogados e comezou o exercicio desta profesión.[2]
En paralelo á súa actividade profesional, Colin Martin foi un estudoso do mundo da moeda e chegou a se concerter nun reputado numismático.[2]
En 1937 foi nomeado director do Gabinete de Medallas, que anos máis tarde se convertería no Museo Monetario Cantonal de Vaud, en Lausana. Exerceu este cargo ata que en 1984 foi relevado por Anne Geiser.[2]
Entre outras entidades de carácter asociativo e académico, Martin foi membro da Sociedade Suíza de Numismática, da que foi presidente entre 1949 e 1980. Tamén presidiu a Sociedade Suíza de Ciencias Humanas (1975-1980) e a Academia Suíza das Ciencias Humanas e Sociais (1975-1978),[4] foi secretario da Sociedade Académica de Vaud e exerceu como tesoureiro da Comisión Internacional de Numismática.[2]
No ámbito editorial, en 1939 Colin Martin foi un dos impulsores da colección bibliográfica Bibliothèque historique vaudoise, vinculada á Universidade de Lausana e concibida para a publicación de teses e outros estudos relacionados coa historia do cantón de Vaud.[2]
Canto á súa vida familiar, en 1941 casou con Mariette Andrée Irène van Muyden.[1]
Colin Martin finou o 2 de xaneiro de 1995 en Aubonne, no cantón de Vaud.[5]
Colin Martin publicou numerosos artigos ao longo da súa carreira, sinaladamente nas revistas numismáticas suízas Schweizer Münzblätter e Schweizerische Numismatische Rundschau, e tamén noutras, como a francesa Revue Numismatique.[1] Así mesmo, é autor dalgúns traballos monográficos, entre eles os seguintes:[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.