Comarca da Mariña Central
comarca na provincia de Lugo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A comarca da Mariña Central, ou val do Masma[1], é unha comarca galega situada na provincia de Lugo e con Mondoñedo como localidade máis coñecida, o terceiro concello en poboación da comarca, tras Foz e Burela.[2] A ela pertencen os concellos de Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro. Esta comarca é unha división oficial da Mariña de Lugo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Mariña.