Comarca do Baixo Miño
comarca na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
Remove ads
Xeografía
Situación
A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.
Demografía
Evolución da poboación de Comarca do Baixo Miño Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
35.101 | 37.987 | 40.574 | 44.110 | 47.145 | 50.799 | 51.116 | 51.096 | 50.630 | 50.402 | 50.282 | 49.998 | 49.828 | 49.646 | 49.464 | 50.252 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Igrexa
Está dentro da diocese de Tui-Vigo, abarcando parroquias dos arciprestados de A Guarda-Tebra e Tui-Entenza.
Economía
Sobresae a produción pesqueira (A Guarda), coa frota palangreira adicada á captura do peixe espada máis importante do mundo; os vales do Rosal e outros levan as viñas da comarca, cos seus viños incluídos na denominación de Orixe Rías Baixas.
Política e goberno

Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PSdeG-PSOE gobernou os concellos de Tui[5] e A Guarda[6], o BNG os de Tomiño[7] e O Rosal[8], mentres que o PP o de Oia[9].
Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Baixo Miño
- Concellos da comarca do Baixo Miño.
- Concellos e localización na provincia de Pontevedra.
- Vista do Miño dende o miradoiro de Vilanova de Cerveira (Portugal)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads