O Rosal
concello da comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Rosal.
Remove ads
Poboación
Segundo o IGE, no 2014 tiña unha poboación de 6.455 habitantes.

Evolución da poboación do Rosal Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
5.225 | 5.302 | 5.679 | 5.558 | 5.992 | 6.570 | 6.613 | 6.574 | 6.531 | 6.455 | 6.406 | 6.349 | 6.328 | 6.249 | 6.234 | 6.289 | 6.379 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Trazos económicos
A súa economía é eminentemente agrícola, forestal e gandeira (pastos), con algo de pesca de baixura. Son afamados os seus viños, que pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e forman parte da "Feira do Viño do Rosal" (declarada de interese turístico no 2016).
Etimoloxía
O nome da vila procede de Roçal, forma derivada do verbo ruptiare, que no latín serodio significaba 'romper', no sentido de axeitar unha terra para o cultivo, e que evolucionou ao moderno 'rozar', limpar de maleza a terra. A escrita moderna Rosal é o resultado dunha grafía non consciente do seseo propio da fala local, no canto do esperable Rozal, sen prexuízo da pronuncia con /s/.[1]
Malia que en Galicia a rosa cultívase de vello, a vinculación tradicional do nome deste concello coa flor[2] non é etimolóxica, senón que responde á coincidencia entre o topónimo deturpado e o termo castelán para designar a roseira.
Historia
Atopáronse vestixios paleolíticos, que inclúen pinturas rupestres, e da Idade de Bronce. A cultura castrexa estivo moi presente nesta zona.
Durante a Idade Media pertenceu ó Mosteiro de Santa María de Oia, da orde Cisterciense.
O concello constituíuse en 1847, independizándose do da Guarda. En 1879 o rei Afonso XII outorgoulle o título de vila.
Patrimonio
Os muíños do Folón e do Picón é un conxunto de 36 muíños do século XVIII situados nos ríos Folón e Picón, todos eles restaurados e mesmo algún en funcionamento. Preto do lugar atópanse a ermida de San Martiño e as fervenzas do río Folón e do río da Cal. Pódense visitar percorrendo a ruta homologada de sendeirismo PR-G 94, ruta circular de 3'5 km con principio e fin xunto ó Muíño da Ponte das Penas.
O monumento ao cabaqueiro lembra os telleiros da vila, que crearon a xerga denominada latín dos cabaqueiros.
A casa consistorial ocupa un pazo do século XVIII.
Remove ads
Turismo
Cada ano, na terceira fin de semana do mes de xullo, celébrase a Feira do Viño do Rosal, que ten como atractivo principal o viño branco desta subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas.
O Rosal ten dúas rutas de sendeirismo homologadas: o PR-G 94 Rota dos Muíños do Folón e do Picón e o PR-G 112 Sendeiro de Pescadores Río Miño - Tamuxe. A primeira goza das paisaxes do BIC dos muíños do Folón e de Picón; a segunda das panorámicas do estuario do río Miño e do final do río Tamuxe.
O Rosal posúe un Centro de Interpretación dos Oficios, cun apartado moi especial para o oficio dos cabaqueiros.
No muíño das Aceñas o concello do Rosal dispón dunha aula da natureza que serve de centro de interpretación da contorna. Está situado xunto a unha área recreativa natural, na beira do río Tamuxe.
Remove ads
Alcaldes
- José Luis Martínez Rodríguez AP (1979-1987) PP (1987-1999) (1979-1999).
- Jesús María Fernández Portela PP (1999-2018).
- María del Carmen Alonso Alonso PP (2018-2019)
- Ánxela Fernández Callís BNG (2019-actualidade)
Colexios
- CPI Manuel Suárez Marquier (1977).
- CRA María Zambrano: Sede en Pías. 6 edificios (Marzán, Pías, Couso, Fornelos, Novás, Tabagón)
Deporte
- SD Atlético Novás (balonmán)
- Unión Deportiva Ribera (fútbol)
- Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores SL
- Atletismo Suárez Marquier
Música
- Banda Municipal do Rosal.
- Coral Musical do Rosal.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Rosal.
- AVE MARYA PVRYSSYMA ANO DE 1781
- Centro de saúde.
- Praza de abastos.
- Fonte.
- S. Bartolomeu das Eiras.
- Muíños do Folón.
Parroquias
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal | |
---|---|
As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán) |
Lugares do Rosal
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Rosal vexa: Lugares do Rosal.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads