From Wikipedia, the free encyclopedia
A comunicación visual é a transmisión de ideas e información en formas que se poden percibir total ou parcialmente coa vista. A comunicación visual adóitase presentar ou expresar en imaxes bidimensionais ou tridimensionais, ou como sucesión de imaxes (animacións, vídeo...), e inclúe: carteis, tipografía, debuxo, deseño gráfico, ilustración, deseño industrial, publicidade, animación, cor, recursos electrónicos. Contempla tamén a idea de que un texto cando vai acompañado dunha mensaxe visual ten un maior poder para informar ou persuadir a unha persoa ou audiencia, ou serve de apoio para a comprensión e divulgación da Ciencia, como a ilustración científica ou a visualización dos datos.
A comunicación audiovisual é un tipo de transmisión de ideas e mensaxes relacionada, na que ademais dos compoñentes visuais (signos, imaxes, deseños, gráficos etc.) utilízanse conxuntamente (de forma sincrónica ou sucesiva) elementos sonoros (voz, música, ruído, efectos sonoros etc.), ou sexa, todo o que pode ser ao mesmo tempo visto e ouvido.
A comunicación visual refírese ao conxunto de elementos gramaticais e sintácticos que operan en calquera imaxe visual. Do mesmo xeito, pódese definir como un sistema de comunicación que utiliza as imaxes como medio de expresión, é dicir, transmite mensaxes visuais.
Ademais das imaxes producidas con fins comunicativas, hai unha serie de aspectos vinculados á "comunicación non verbal corporal", relativa aos distintos signos visuais como a expresión facial, a kinésica ou expresión corporal, a proxemia ou proxémica etc.
Poderiamos entender por linguaxe visual, ao sistema de comunicación que utiliza como medio de expresión as imaxes e que poden ser de grande utilidade a quen as produce.
Segundo a finalidade que se pretenda ao transmitir a mensaxe podemos distinguir tres clases distintas de linguaxes visuais:
O apoio da comunicación non verbal corporal pode reforzar ou contradicir a mensaxe verbal, ou ser un elemento da linguaxe visual que transmite unha mensaxe por si mesma. Neste caso pretendería ser linguaxe mensaxe visual obxectiva, porén non todos os xestos nin os códigos da linguaxe visual son universais.
A linguaxe visual posúe as súas propias características:
Cando falamos de comunicación visual non podemos limitarnos a un só tema, xa que o concepto de comunicación visual pode tratarse desde varias perspectivas. Neste proceso interveñen os seguintes conceptos clave:
O resto dos elementos que inflúen neste proceso comunicativo son o campo comunicativo, a marca, o signo e o símbolo.
Os movementos que facemos co noso corpo e cos sentidos producen unha expresión consciente e inconsciente, capaces de descifrar a mensaxe que queremos dar, cada movemento leva a unha imaxe que sinala á persoa coa que queremos comunicarnos, indiferenza, rabia, felicidade, angustia, tristeza etc. sen necesidade de expresalo en palabras. Algúns movementos clave son a posición das mans, as pernas, os ollos e as cellas, a boca e especialmente a posición do noso corpo.
O campo da comunicación visual é aquel que abarca este tipo de comunicación, poderemos agrupalo en varias seccións temáticas:
Os campos poden, e de feito están, entrelazados. En Internet atopamos exemplos de comunicación audiovisual con elementos de deseño urbanístico e moda, ou danza e deseño publicitario etc.
A marca é un trazo distintivo que forma parte dunha mensaxe visual de afirmación, de aviso ou de diferenciación. Exemplos de marcas son a pegadas, tatuaxes, piercings e outros adornos corporais ou de vestir, uniformes deportivos ou doutro tipo, sinaturas, selos, marcas comerciais etc, son signos de identidade.
Os signos son as imaxes que transmiten unha indicación, unha orde ou unha prohibición. A forma destes signos de imaxe ou pictogramas debe ser sinxela e clara, porque o seu propósito é transmitir información o máis rápido posible. Exemplos:
A semioloxía ou semiótica é o estudo do signo, tamén coma neste caso do signo visual. Inclúe o estudo de como se constrúe e comprende o significado.
Por último, o símbolo, que designa a imaxe que representa unha idea, un recordo ou un sentimento. Cada cultura utiliza imaxes diversas ás que outorga valor de símbolo, e define estes valores segundo as súas crenzas, gustos e costumes. Exemplos:
Existen diversas ocasións nas que o contido visual ten unha semántica específica para unha poboación obxectivo, polo que é necesario realizar un estudo para poder determinar os significados presentes nesa cultura ou grupo de poboación, e transmitir de maneira adecuada a mensaxe desexada.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.